Description
Tipifícanse as distintas construcións en función da súa orixe,estrutura e calidade urbana ou cohesión social. A estes efectos distínguense:
- Asentamentos de carácter fundacional: recolle aqueles núcleos que, de carácter urbano ou rural, teñen unha orixe ou fundación antiga, ou aqueles cuxa trama responde a esa formación e evolución progresiva no tempo e o espazo. Dentro deste grupo, identifícanse os Núcleos de identidade do litoral como aqueles asentamentos tradicionais cuxa localización estratéxica na faixa costeira e a súa vinculación co mar lles confire unha singularidade que os fai merecedores dun tratamento específico.
- Desenvolvemento periférico: recolle os crecementos contiguos aos núcleos anteriores froito da súa evolución.
- Asentamento funcional: recolle núcleos que responden a implantacións no territorio máis recentes que as de carácter tradicional e que, porén, pola súa natureza (áreas produtivas, empresariais, educativas e de servizos) ou polos lazos de relación entre as edificacións, a súa morfotipoloxía, así como as dotacións e servizos cos que contan se configuraron como asentamentos integrantes do modelo de organización de territorio.
- Agregado urbano: recolle os continuos urbanos difusos que se desenvolven ao longo da costa case sen interrupción. Son áreas carentes de estruturas definidas, na que os núcleos fundacionais e as áreas vacantes aparecen como os principais elementos de identidade e oportunidade. Diferéncianse os seguintes tramos: Vilagarcía–Cambados no Salnés, Portonovo-Pontevedra e Pontevedra-
Bueu na ría de Pontevedra, Cangas-Moaña e Baiona-Vigo-Redondela na ría de Vigo, Ferrol-Pontedeume e A Coruña-Miño no Golfo Ártabro.
- Nova agrupación: recolle conxuntos de edificacións que responden a modernas implantacións no territorio diferentes das de carácter tradicional e que, porén, pola súa morfotipoloxía, os servizos e equipamentos dos que contan, a súa intensidade e relación entre as edificacións non constitúen un núcleo de poboación atendendo aos criterios de sostibilidade.
Asemade recóllense na cartografía:
- Outras edificacións: non constitúen asentamentos diferenciados.
Resources
| Name |
Format |
Description |
Link |